ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Co fin de conmemorar o Día Mundial das Persoas Maiores, o pasado 1 de outubro tivo lugar na cidade de Adra a IV Semana das Persoas Maiores cunha serie de eventos organizados polo Concello de Adra en colaboración con Clece. A celebración comezou na Residencia de Maiores Ciudad de Adra e contou coa presenza do alcalde de Adra, Manuel Cortés; o xerente provincial de Clece, Diego López; a directora da residencia, Maria Luisa Berenguer, e outras personalidades da cidade, así como usuarios e profesionais do centro.

As actividades englobadas nesta semana organizáronse co fin de fomentar as relacións sociais das persoas maiores, mellorar o seu estado de ánimo e a súa sociabilidade. Así, entre as actividades das que puideron gozar, cómpre destacar o tradicional almorzo saudable, seguido dunha serie de obradoiros de maquillaxe, traballos manuais, xogo de paracaídas etc.

O mércores día 2, máis de medio centenar de persoas maiores participaron nunha viaxe organizada á cidade de Málaga onde puideron gozar dunha visita adaptada. Na xornada do xoves día 3, organizouse unha gala de homenaxe ás persoas maiores no Centro Cultural de Adra na que destacou a actuación da cantante de copla María Lozano.

A boa acollida deste tipo de celebracións e a gran participación das persoas maiores foron as claves do éxito desta IV Semana das Persoas Maiores en Adra.