Co cliente que quere o mellor aloxamento

Aspectos como a limpeza ou o mantemento das instalacións son decisivos á hora de elixir un hotel. Son servizos que deben de ser prestados de forma eficiente e discreta para non afectar á vida do hotel e aos seus hóspedes, e con altos estándares de calidade.

O coñecemento que temos en Clece do sector hoteleiro permítenos prestar servizos especializados coa flexibilidade e calidade que demanda, abranguendo desde a posta a punto das instalacións, con servizos de limpeza, xardinaría e mantemento, até a realización de proxectos de eficiencia enerxética.

31 hoteis en toda España
253 PROFESIONAIS
14 %AFORRO ENERXÉTICO MEDIO