O noso proxecto

Clece Social é o proxecto social de Clece, a expresión do seu compromiso coas persoas, un compromiso entendido non como un deber da compañía nin como unha estratexia deseñada de responsabilidade social, senón como algo inherente á súa orixe e desenvolvemento: unha empresa de persoas para persoas.

Os retos de Clece Social

  • Promover o mantemento do emprego, favorecendo a posibilidade de que as persoas poidan acceder a un posto de traballo e fomentando o seu desenvolvemento profesional e persoal.
  • Impulsar a igualdade de oportunidades mediante a integración de persoas de colectivos desfavorecidos, principalmente persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, mulleres que sofren violencia de xénero, vítimas de terrorismo e xente nova desempregada de longa duración.
  • Concienciar a poboación da realidade e situación que viven os colectivos máis vulnerables da sociedade.
  • Máis aló da súa actividade, Clece está comprometida coa mellora da calidade de vida, a integración social e a sensibilización dos usuarios dos servizos, principalmente persoas maiores e crianzas.

Colaboradores sociais

Para que este proxecto sexa posible, en Clece colaboramos con máis 350 entidades:

A nivel nacional

Desde 2014 colaboramos co Ministerio do Interior sensibilizando contra a violencia terrorista e traballando na inserción laboral de vítimas de terrorismo.

Traballamos desde 2013 con Cruz Vermella nun marco de colaboración mutua para promover a integración laboral das persoas con maiores dificultades de acceso ao emprego mediante a inserción de colectivos desfavorecidos e a posibilidade de realización de prácticas formativas non-laborais.

Desde 2014 colaboramos con La Caixa na inserción de persoas con dificultades especiais de empregabilidade a través do seu programa Incorpora e a posibilidade de integración directa mediante prácticas empresariais.

Temos un papel activo xunto ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade desde 2013 na promoción da sensibilización sobre a violencia de xénero e a inserción laboral das vítimas, cun compromiso real de contratación anual.

Tamén traballamos con

Naceu en 2004 coa misión de conseguir a igualdade de oportunidades no emprego grazas á integración laboral de persoas en risco de exclusión social.

Creada en 1999, aposta pola inserción laboral das persoas que por diferentes motivos se enfrontan a grandes dificultades para atopar emprego.

Nace en 1983 co propósito de contribuír á mellora social e ao desenvolvemento da persoa mediante programas de orientación e formación dirixidos á infancia, adolescencia e familia.

Nace en 2009 co compromiso de integrar as persoas con discapacidade na contorna laboral, apoiando a autonomía persoal, a formación e o emprego con expectativas a longo prazo.

Ofrece formación e emprego mediante proxectos cuxa principal característica é o acompañamento individualizado a persoas que inician procesos de inserción sociolaboral.