Por favor acepta las cookies de marketing para poder ver este vídeo.

Quen somos

En 1992 nacía Clece, un proxecto ilusionante que buscaba ofrecer servizos de calidade a empresas e institucións. Hoxe ese proxecto é unha gran realidade, pero coa mesma ilusión, a de máis de 75 000 persoas que forman parte da compañía en España, Portugal e o Reino Unido, e que a través de múltiples servizos traballan para mellorar a calidade de vida de máis de 1 millón de persoas, manter e facer máis eficientes os nosos edificios, e coidar e protexer a contorna, xa sexan as nosas cidades ou o noso patrimonio natural.

Porén, o éxito de Clece non radica unicamente en conseguir un modelo de negocio diversificado e en constante crecemento, senón na súa forte implicación coa sociedade. Hoxe lidera actividades tan importantes coma os servizos sociais ou educativos, sen esquecer outras ligadas á sustentabilidade ou ao apoio á actividade institucional e empresarial do noso país (eficiencia enerxética, facility management, servizos aeroportuarios etc.).

A súa implicación vai máis aló da súa actividade e convértese nun compromiso coa sociedade a través da empregabilidade, a inclusión, a sensibilización social e o coidado de persoas. Hoxe máis de 9 000 empregados pertencen aos colectivos máis desfavorecidos, e son a súa ilusión, esforzo e compromiso os que fan diferente a Clece.