Detrás dun edificio hai moitas persoas que traballan para que todo funcione correctamente, desde o mantemento á limpeza, a xardinaría e a seguridade, diferentes eidos que fan que o facility management sexa a solución integral para garantir o confort e o benestar, á vez que se mellora a eficiencia das instalacións e que se aforran custos.

O noso modelo pasa pola contratación estratéxica, total ou parcial, de servizos nos que somos especialistas (limpeza, mantemento, loxística, vixilancia, servizos auxiliares, restauración, xestión de residuos, eficiencia enerxética, xardinaría etc.), coordinados por unha única unidade de xestión. Este modelo adáptase ás necesidades de cada edificio e ás particularidades de cada actividade ou negocio:

  • Oficinas
  • Centros comerciais
  • Espazos de lecer
  • Industria
  • Hospitais
654 CENTROS INDUSTRIAIS XESTIONADOS