carta_presidente_clece

Carta do presidente

Estimado amigo:

Teño a satisfacción de presentarche Clece, un gran proxecto onde máis de 75 000 profesionais traballamos a diario para lles facer a vida máis doada a máis dun millón de cidadáns. A través dos nosos servizos para as persoas, para os edificios e para a cidade e a contorna, buscamos garantir o benestar e a convivencia de, cada vez, máis cidadáns..

Estamos presentes no teu día a día, xa sexa en colexios, universidades, residencias, centros de día, hospitais, aeroportos, oficinas, teatros ou centros comerciais, alén de moitas instalacións públicas e privadas, e en milleiros de fogares para atender as persoas, alargar a vida útil dos edificios, mellorar as nosas cidades e protexer a contorna..

Con este propósito non paramos de medrar desde que iniciamos a nosa andaina en 1992, asentados nun modelo de negocio baseado na diversificación, a innovación e a xestión das persoas, todo baixo o prisma da excelencia, o que fai que empresas e institucións de todo o país confíen a diario en Clece para levar a cabo proxectos da máis diversa índole e o máximo nivel.

Porén, por riba da calidade dos nosos servizos está a calidade humana da nosa xente. Somos moitos e seguimos a medrar. Compartimos unha maneira de ser que nos fai diferentes. Formamos un equipo cheo de talento, cunha gran vocación de servizo e, sobre todo, cun indiscutible espírito integrador. Estes trazos de identidade facilitaron o impulso do proxecto social de Clece dirixido á integración social de colectivos vulnerables e á sensibilización da sociedade sobre a situación que viven. Grazas a este compromiso, hoxe 9 000 persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión, vítimas da violencia de xénero ou xente nova desempregada forman parte activa do noso cadro de persoal.

Desde esta realidade queremos seguir evolucionando co obxectivo de liderar un novo mercado de servizos onde os aspectos sociais e ambientais teñan un maior peso. Para conseguilo seguiremos traballando da mesma forma: facendo do noso éxito o de todos. Empregados. Usuarios. Clientes. O de toda a sociedade.

Dámosche a benvida a Clece

Cristóbal Valderas Alvarado
Presidente de Clece