Colectivos vulnerables

A integración e o desenvolvemento de colectivos desfavorecidos son un dos retos da nosa sociedade e o obxectivo fundamental de Clece Social. Para apoiar estes colectivos, Clece impulsa a súa integración social e promove iniciativas de sensibilización para dar a coñecer a realidade que viven.

O traballo é a mellor forma de integración para persoas con discapacidade, vítimas da violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social e xente nova desempregada de longa duración. O obxectivo principal do Grupo Clece é ofrecerlles unha oportunidade laboral que lles permita desenvolverse profesional e persoalmente.

Porén, a integración é moito máis. A completa e eficaz inserción destes traballadores só é posible desde a normalización. Iso significa valorar e tratar as persoas polas súas calidades e capacidades, non por que teñan unha determinada discapacidade ou vivan unha situación persoal excepcional.

Ademais destes colectivos, Clece está especialmente sensibilizada co coidado das persoas maiores para quen, máis aló do servizo prestado, desenvolve terapias innovadoras e actuacións de sensibilización co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e a súa autonomía persoal, alén de recoñecer o seu importante papel na sociedade.