Ao ano pasan polos aeroportos españois case 200 millóns de viaxeiros. Cada aeroporto é un fluxo constante de persoas, ilusións, negocios que pechar ao final da xornada, familiares cos que reencontrarse: unha chea de historias que son posibles grazas a unha contorna onde todo funciona á perfección. Isto só é posible grazas á combinación de numerosas actividades de alta especialización e á dedicación de milleiros de traballadores.

Tras máis de 20 anos de experiencia na xestión de diferentes servizos aeroportuarios, en Clece sabemos que ao final xestionamos non só instalacións ou aeronaves, senón ilusións, historias e, en definitiva, persoas. Xa sexa a través da propia Clece ou das nosas filiais especializadas temos unha visión de 360° das actividades aeroportuarias e buscamos sempre maximizar o valor fornecido aos clientes (xestores aeroportuarios, aeroliñas etc.), coa meirande carteira de servizos de Europa.

Os nosos servizos aeroportuarios contan con dobre certificación en calidade (ISO 9001) e medio ambiente (ISO 14001).

logo-aeroportuario-3
2.183 profesionais
320.000 LIMPEZAS DE AVIÓNS AO ANO
608.518 pasaxeiros atendidos ao ano en salas VIP
Servizo a persoas con mobilidade reducida (PMR)

Servizo a persoas con mobilidade reducida (PMR)

Mantemento de edificios

Mantemento de edificios

Transporte de carga entre terminais

Transporte de carga entre terminais

Abastecemento de auga potable e baleirado de augas residuais

Abastecemento de auga potable e baleirado de augas residuais

Limpeza interior e exterior de aeronaves

Limpeza interior e exterior de aeronaves

Mantemento aeronáutico

Mantemento aeronáutico