O noso proxecto

O noso proxecto

Clece Social é o proxecto social do Grupo Clece, a expresión do seu compromiso coas persoas, un compromiso entendido non como un deber da compañía nin como unha estratexia deseñada de responsabilidade social, senón como algo inherente á súa orixe e desenvolvemento: unha empresa de persoas para persoas.

VER MÁIS

Eixos de actuación

Integración

Integración

Sensibilización

Sensibilización

VER MÁIS

Colectivos vulnerables

Colectivos vulnerables

Hoxe, máis de 6 500 traballadores de Clece pertencen a colectivos desfavorecidos, o 9 % do cadro de persoal. Persoas con discapacidade, mulleres vítimas da violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social, xente nova desempregada e vítimas de terrorismo forman parte activa da compañía.

VER MÁIS

Premios compromiso

Premios compromiso

Co obxectivo de promover a integración social e recoñecer o labor fundamental de moitas entidades sociais, Clece promove e patrocina os Premios Compromiso, que buscan recoñecer o labor, a escala rexional, de diferentes entidades sociais e organizacións sen ánimo de lucro en temas relacionados coa axuda a persoas maiores e a integración de persoas con discapacidade, mulleres que sofren violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social.

VER MÁIS

Foros pola integración

Foros pola integración

Tan importante como dar solución aos problemas dun colectivo é facelos visibles: o que non se coñece non existe. Con esta visión, Clece Social promove e organiza xornadas para facer visibles os problemas que afrontan colectivos desfavorecidos, encontros onde eles son os protagonistas.

VER MÁIS

Inclusión e emprego

Inclusión e emprego

O obxectivo principal de Clece en materia social é promover o mantemento do emprego e fomentar a igualdade de oportunidades por medio da integración de persoas con problemas de acceso ao emprego procedentes de colectivos sociais desfavorecidos, como persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, mulleres que sofren violencia de xénero e xente nova desempregada.

VER MÁIS