Quienes Somos

Centro especial de emprego

Integra CEE é o noso centro especial de emprego. Naceu en 2001 coa finalidade de promover a inclusión sociolaboral de persoas con diversidade física, psíquica ou sensorial, traballando man a man xunto a empresas privadas e organismos públicos.

INTEGRA«Traballando pola igualdade de oportunidades e a inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional»

Na actualidade conta con máis de 3 400 persoas no seu cadro de persoal, o 87 % das cales presenta algún tipo de diversidade funcional, moi por riba do 70 % que establece a normativa. Estas compoñen un equipo de profesionais que cada día presta un servizo de calidade a centos de empresas públicas e privadas, e que inclúe labores de limpeza profesional de edificios e locais; mantemento, xestión e servizos integrados, e servizos loxísticos ou auxiliares.

Para lograr que todo isto sexa posible, Integra CEE conta cunha unidade de apoio formada por un equipo de 58 persoas que ofrece atención integral e individualizada, favorece a creación dunha contorna positiva para a inclusión, detecta necesidades e resolve calquera problema que poida xurdir, desde a selección do empregado até a súa incorporación, formación e desempeño laboral.

Web Integra CEE