Todos esperamos que os edificios públicos (hospitais, colexios, teatros, estacións etc.), os centros de lecer ou os nosos lugares de traballo estean sempre en perfecto estado. Moitas veces, detrás da limpeza deses espazos está Clece, aplicando as últimas técnicas de hixienización e traballando de forma intensiva, unha actividade que levamos realizando desde hai máis de 25 anos con profesionais especializados en cada actividade.

O obxectivo non é só que usuarios e cidadáns gocen de espazos cun óptimo grao de limpeza e a un custo competitivo, senón facelo de forma responsable, utilizando produtos e técnicas respectuosas co medio ambiente e, sobre todo, fomentando a integración laboral de persoas de colectivos vulnerables nos servizos que prestamos.

O noso servizo de limpeza conta coas certificacións de calidade (ISO 90001), medio ambiente (ISO 140001), prevención de riscos laborais (OSHAS 18001) e responsabilidade social corporativa (SA 8000).

8,7%
DE EMPREGADOS PROCEDENTES DE COLECTIVOS VULNERABLES
1.000 clientes en toda España
32.085 EMPREGADOS DE LIMPEZA
Servizos de control de pragas (servizos DDD)

Servizos de control de pragas (servizos DDD)

Subministración de produtos e útiles de limpeza

Subministración de produtos e útiles de limpeza

Subministración de consumibles, secadores de mans, bacteriostáticos e outros

Subministración de consumibles, secadores de mans, bacteriostáticos e outros

Limpeza de edificios públicos

Limpeza de edificios públicos

Limpeza de trens e estacións de transporte

Limpeza de trens e estacións de transporte

Limpeza de recintos feirais

Limpeza de recintos feirais

Limpeza de oficinas, parques empresariais e centros comerciais

Limpeza de oficinas, parques empresariais e centros comerciais