INFORMACIÓN DE PROTECCIÓN DE DATOS A PROVEDORES

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. QUEN É CORRESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

Clece e as súas filiais son corresponsables dos tratamentos de datos persoais de contactos de provedores que presten servizos a calquera das nosas entidades.

Pódese consultar a listaxe actualizada de entidades corresponsables na seguinte ligazón.

2. CON QUE FINALIDADE E BAIXO QUE BASE LEXITIMADORA TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?

Tratamos os datos persoais do provedor ou das persoas de contacto do provedor para as seguintes finalidades:

  • Mantemento da relación comercial
  • Xestión financeira, económica, contable e de administración
  • Envíos de información comercial
  • A base que lexitima o tratamento é o interese lexítimo en xestionar e manter a relación comercial entre as partes.

3. QUE DATOS PERSOAIS TRATAMOS?

Tratamos os datos necesarios para a xestión e mantemento da relación comercial; normalmente serán datos identificadores, datos profesionais e de contacto profesional. En caso de empresarios individuais, poderemos tratar os seus datos bancarios para a necesaria xestión financeira.

3. CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS SEUS DATOS?

Os datos conservaranse mentres se manteña vixente a relación comercial e, en todo caso, durante un prazo de 6 anos conforme o indicado no artigo 30 do Código de comercio.

4. A QUE DESTINATARIOS PODEREMOS COMUNICAR OS SEUS DATOS?

Con carácter xeral, os seus datos non serán comunicados a terceiros agás que se derive dunha obriga legal.

5. COMO SE PROTEXEN OS SEUS DATOS PERSOAIS?

Comprometémonos a manter seguros os seus datos persoais, adoptando todas as precaucións razoables para facelo. Implantamos todas as medidas organizativas e técnicas necesarias de acordo coa normativa vixente contra calquera acceso non-autorizado e modificación, divulgación, perda ou destrución. Esiximos e impomos contractualmente aos provedores de servizos o mesmo nivel de seguridade.

6. EXERCICIO DE DEREITOS

As persoas interesadas teñen os seguintes dereitos:

  • Obter confirmación sobre se estamos a tratar os seus datos persoais.
  • Obter unha copia dos seus datos persoais.
  • Rectificación dos datos inexactos.
  • Supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
  • Limitación do tratamento dos seus datos (nese caso, conservarémolos unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións).
  • Oporse ao tratamento dos seus datos, especialmente a recibir comunicacións comerciais.

Pode solicitar o exercicio de dereitos a través do correo electrónico de contacto do Delegado de Protección de Datos: rgpd-clece@clece.es

No caso de non obter satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos.