Clece escolas infantís premiada por Grupo Siena

Clece escolas infantís premiada por Grupo Siena

A revista profesional Escola Infantil do grupo editorial Siena recoñeceu un ano máis o proxecto educativo de Clece no ámbito das escolas infantís coa entrega de dous galardóns e tres mencións especiais na terceira edición do Premio Escola Infantil.

Un total dos 19 proxectos presentados polas escolas infantís xestionadas por Clece chegaron a estar entre os 50 finalistas desta edición. Finalmente, obtiveron premios en dúas das cinco categorías temáticas: linguaxe, comunicación e emocións, e extraescolares. Concretamente, os galardóns recaeron nos seguintes equipos educativos:

  • Premio de Linguaxe, Comunicación e Emocións na aula 0-3 a Miriam Velasco Pesquera da Escola Infantil Pinto Pinto, de Laguna de Duero, polo seu proxecto «Nomeolvides». O obxectivo principal é desenvolver as habilidades comunicativas e diferentes formas de expresión dos alumnos de 0 a 3 anos, fomentando ademais outras habilidades, como a observación e exploración da súa contorna, así como as súas capacidades afectivas.
  • Premio de Extraescolares en Necesidades Educativas Especiais a Anna Llobet, Ariadna Imbers e Noemí Quevedo, da Escola Infantil El Patufet, de Sant Quirze del Vallès (Barcelona), polo seu servizo de atención temperá. O obxectivo é ofrecer un servizo integral que actúa dentro dun marco de prevención, detección e intervención terapéutica temperá. A intervención realízase de maneira multidisciplinar, de forma periódica e global dende unha contorna coñecida para eles e para as súas familias.

Canto ás mencións especiais, os premiados foron:

  • Mención especial do xurado a Rocío Mazo Rodríguez polo seu proxecto «Eureka», realizado na Escola Infantil Platero y yo, de Moguer (Huelva). As sesións de Eureka para alumnos de 2-3 anos favorecen a capacidade de concentración, experimentando con obxectos, coñecendo as súas características, formas ou texturas, e relacionando uns obxectos con outros. O obxectivo principal é que os nenos e nenas aprendan por si sós, axudando a estruturar o pensamento ao seu propio ritmo.
  • Mención especial do xurado a Ana Salazar Magaña polo seu proxecto «Educación compartida» realizado na Escola Bressol Municipal Anec, de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona). Integración das familias no día a día da escola propiciando un ambiente máis distendido e conseguindo unha mellora da autoestima e seguridade dos nenos e nenas.
  • Mención especial do xurado a Marta Alonso e Patricia de los Bueis pola experiencia «Pequeños aprendices de sueños» (‘Pequenos aprendices de soños’) levada a cabo na Escola Infantil Mafalda y Guille, de Valladolid. Educación en igualdade para nenos e nenas de 2-3 anos que busca involucrar as familias para xerar cambios en hábitos de comportamento e de expresión.

A entrega da III Edición do Premio Escola Infantil tivo lugar o 15 de marzo no campus da Universidade Camilo José Cela, na rúa Almagro de Madrid. Foron un total de 15 os equipos educativos premiados en representación de escolas e centros procedentes de diferentes puntos da xeografía española e catro as mencións especiais do xurado.