A Ruta dos Dinosauros, xestionada por TAHLER, mostra un adianto aos conquenses

A Ruta dos Dinosauros, xestionada por TAHLER, mostra un adianto aos conquenses

  • A finais de mes xa se poderá gozar da Ruta dos Dinosauros, en Cuenca.
  • Os conquenses puideron coñecer en persoa un do membros da ruta e fotografarse con el.

Madrid, marzo de 2015. Pepito, unha reprodución a tamaño real do Concavenator corcovatus, foi a figura elixida como embaixadora para representar A Ruta dos Dinosauros. Á súa volta de FITUR, e antes de regresar a casa, Pepito foi presentado a todos os conquenses durante a pasada fin de semana nos xardíns da deputación.

«Quixemos que, aínda que sexa por uns días e unhas horas, a imaxe de Pepito se poida asociar á cidade de Cuenca e á Deputación Provincial», sinalaba Benjamín Prieto, presidente da Deputación de Cuenca.

A Ruta dos Dinosauros abrirase ao público a finais de mes, o que suporá un impulso turístico para a cidade e a dinamización dunha zona con baixa densidade poboacional.
TAHLER, a filial especializada no medio ambiente do grupo Clece, será a encargada da xestión da ruta na súa totalidade ao seu paso por 15 lugares diferentes da provincia.

Partindo dende o xacemento de Lo Hueco, en Fuentes, transcorre por Cañada del Hoyo, as paraxes dos Palancares e Tierra Muerta para rematar no xacemento Las Hoyas, no concello de La Cierva.

Na presentación, estiveron presentes en representación do concello o vicepresidente segundo, Julián Huete; o deputado de Turismo, Francisco Javier Domenech, e o de Fomento, Javier Parrilla. Por parte de TALHER/Clece asistiron o delegado Bautista Gutiérrez, Eduardo Mena, Pedro Pérez e David Carrasco. Tamén estivo alí Francisco Ortega, un dos paleontólogos responsables dos descubrimentos realizados na zona.