A Ruta dos Dinosauros de Cuenca chega a Fitur

A Ruta dos Dinosauros de Cuenca chega a Fitur

  • Os Reis visitaron o stand de Castela-A Mancha nun ano no que o patrimonio paleontolóxico da provincia cobra protagonismo grazas ao proxecto Ruta dos Dinosauros.
     
  • As persoas que visitaron a feira gozaron da reprodución a escala real duns dos dinosauros que formará parte do percorrido.
     
  • Cun investimento de 371 000 euros, a inauguración está prevista para finais de febreiro.

Febreiro de 2015. A Ruta dos Dinosauros de Cuenca foi presentada na Feira Internacional de Turismo, Fitur, celebrada en Madrid entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro. Na súa visita ao stand de Castela-A Mancha, os Reis interesáronse por este proxecto concibido para pór en valor o importante patrimonio paleontolóxico conquense.

Don Felipe e dona Letizia, acompañados pola presidenta rexional, María Dolores de Cospedal, puideron contemplar unha reprodución a escala real do dinosauro corcovado de Cuenca, un dos principais fósiles atopados na zona, que será un dos destacados atractivos da ruta ao seu paso pola localidade de La Cierva.

La Cierva, Fuentes e Cañada del Hoyo, localidades cos principais xacementos arqueolóxicos, son os puntos principais deste percorrido turístico polos descubrimentos paleontolóxicos máis destacados da provincia. Ademais do dinosauro exposto en Fitur, a ruta contará con outras espectaculares recreacións, como a dun esqueleto articulado de seis metros de lonxitude dun dinosauro saurópodo Concavenator descuberto no xacemento de Las Hoyas en 2003.

Cun custo de 371 000 euros, a inauguración da Ruta dos Dinosauros de Cuenca está prevista para finais do mes de febreiro. O proxecto, promovido pola Deputación de Cuenca e xestionado por Talher, empresa de servizos medioambientais de Clece, enmárcase no Plan de Mellora de Infraestruturas Turísticas da provincia de Cuenca.