O Programa de Alto Rendemento de Clece forma 14 persoas na súa primeira edición

O Programa de Alto Rendemento de Clece forma 14 persoas na súa primeira edición

Madrid, 11 de xullo de 2014. Clece culminou a primeira edición do Programa de Alto Rendemento (PAR), un innovador programa formativo dirixido a mandos intermedios de alto potencial para axudarlles a optimizar os seus niveis de rendemento.

14 persoas vinculadas á xestión dos servizos en diversas actividades de Clece estrearon o novo programa incluído no plan de formación da empresa. Todos eles foron seleccionados por reuniren, entre outros, méritos profesionais, unha destacada avaliación de competencias, bos resultados de negocio, a realización do Programa Superior de Desenvolvemento (tamén incluído no plan de formación da empresa), formación regrada en liña cos intereses de negocio, así como disposición para a mobilidade xeográfica.

O obxectivo do PAR é acelerar o proceso de desenvolvemento desta categoría de mando proporcionando competencias específicas asignadas ao posto de traballo e desenvolvendo outras consideradas claves para conseguir o maior nivel de éxito no desempeño profesional. A metodoloxía é predominantemente práctica, baseada nunha aproximación avanzada ás diferentes casuísticas posibles no ámbito da xestión dos servizos. Así, durante oito meses, os participantes tiveron que afrontar a resolución de casos críticos, tanto de forma individual como en grupo, para o que se contou con formadores de primeiro nivel.

Tanto o pragmatismo da metodoloxía como o perfil dos formadores foron dous dos elementos que máis positivamente valoraron os participantes no programa. Así mesmo, os participantes resaltaron entre os logros acadados polo traballo en equipo a capacidade para analizar outras realidades da organización, así como intercambiar experiencias e coñecementos para mellorar na súa actividade profesional.

Co obxectivo de continuar coa evolución das habilidades directivas dos participantes, Clece complementará o PAR con accións concretas de perfeccionamento.