Clece segue apostando por unha alimentación sa, segura e sustentable

Clece segue apostando por unha alimentación sa, segura e sustentable

Con motivo da 1.ª Semana Contra o Desperdicio Alimentario, o pasado venres 28 de setembro Clece uniuse á celebración en Valladolid da xornada «O desperdicio alimentario nos comedores escolares de Castela e León» organizada pola Consellaría de Educación en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC). Trátase dunha iniciativa que pretende sensibilizar os nenos da gran cantidade de excedentes que se xeran nos comedores escolares.

Clece, como unha das empresas adxudicatarias do servizo de comedor escolar en Castela e León, encargada da xestión de 62 comedores escolares en Salamanca, uniuse á iniciativa. Silvia Sanz e María Martínez, do Departamento de Seguridade Alimentaria e Nutrición de Clece, axudaron a lles explicar aos cativos a importancia de «pechar o círculo» do malgasto alimentario nos comedores escolares. Transmitíronlles o concepto de «cociña de aproveitamento» con varios exemplos prácticos e moi sinxelos de pratos reconvertidos noutros, sen necesidade de refugar as sobras tras o cociñado, mantendo sempre unhas normas básicas de seguridade alimentaria e obtendo así estes novos pratos sen riscos.

A xornada finalizou coa realización dun divertido obradoiro que chamou a atención de pequenos e maiores e que integrou dieta saudable e creatividade.