«UN EMPREGO PODE SUPOR UNHA SAÍDA ÁS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO»

«UN EMPREGO PODE SUPOR UNHA SAÍDA ÁS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO»

  • Os Premios Compromiso recoñecerán o labor de diferentes persoas e organizacións sen ánimo de lucro en temas relacionados coa integración laboral de mulleres que sofren ou sufriron malos tratos e coa sensibilización sobre a violencia de xénero.
  • Como novidade, este ano incluirase un premio xornalístico e un recoñecemento especial do xurado.
  • O xurado dos premios estará formado, entre outros, pola delegada do Goberno para a violencia de xénero, María José Ordóñez; o xuíz Fernando Grande-Marlaska, e o cineasta, guionista e director da película Rotas, Luis Lorente.

 

Madrid, 17 de xullo de 2017. Clece Social, o proxecto social de Clece, convocou a III Edición dos Premios Compromiso, uns galardóns que buscan recoñecer e impulsar iniciativas sociais de axuda a colectivos desfavorecidos. A diferenza das edicións anteriores, esta vez os premios serán a escala estatal e estarán centrados nunha problemática concreta: a violencia de xénero.

Como destacou hoxe José Andrés Elizaga, director de Comunicación e Relacións Externas de Clece, no acto de presentación celebrado nos Teatros del Canal (Madrid), a violencia de xénero é «un grave problema co que estamos especialmente sensibilizados en Clece. Hoxe unha de cada 8 mulleres deste país vive nunha traxedia permanente, unha verdadeira situación de illamento persoal».

«Por iso cremos que todos podemos achegar algo, xa sexa contribuíndo á crecente sensibilización social, facendo visible o problema, ofrecendo saídas e axuda ás mulleres maltratadas ou recoñecendo o labor que fan moitas persoas e organizacións» engadiu José Andrés Elizaga.

Luis Lorente, director de cine, que ademais é o presidente do xurado destes premios, subliñou durante o acto que «a violencia de xénero responde a un “dobre C”: clandestinidade e continuidade», no sentido de que, malia que as cifras de mulleres que sofren esta lacra nos parezan elevadas, aínda hai un gran número de mulleres na sombra que seguen sen denunciar.

O obxecto destes galardóns é recoñecer o labor de diferentes persoas e organizacións sen ánimo de lucro en temas relacionados coa integración laboral de mulleres que sofren ou sufriron malos tratos e coa sensibilización sobre a violencia de xénero.

Nesta III edición formouse un xurado composto por destacadas personalidades do mundo institucional e da sociedade civil relacionados coa loita contra a violencia sexista, como son: María José Ordóñez, delegada do Goberno para a violencia de xénero; Lucía del Carmen Cerón, directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades; Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero; Marta Ariño, conselleira delegada de G+J España; Luis Lorente, director de cine e guionista, director da película Rotas; Fernando Grande-Marlaska, xuíz; Gemma Nierga, xornalista, e Cristóbal Valderas, presidente de Clece.

Luis Lorente, que ademais é o presidente do xurado destes premios, subliñou que «a violencia de xénero responde a un “dobre C”: clandestinidade e continuidade», no sentido de que, malia que as cifras nos parezan elevadas, hai un gran número de mulleres que seguen sen denunciar.

Así mesmo, a III edición dos Premios Compromiso terá as seguintes categorías:

  • Premio ao mellor proxecto social relacionado con mulleres vítimas da violencia de xénero realizado por entidades sen ánimo de lucro. Nesta categoría premiaranse os tres mellores proxectos seleccionados polo xurado cunha dotación económica de 10 000 euros cada un.
  • Premio ao autor ou autora do mellor traballo xornalístico relacionado coa violencia de xénero. Trátase dun único premio que estará dotado con 7 000 euros.
  • Premio especial do xurado á personalidade máis relevante na loita contra a violencia de xénero, que será seleccionado polo xurado.

A recepción das candidaturas dos premios está aberta até o próximo 20 de setembro a todas as organizacións sen ánimo de lucro e profesionais da comunicación que queiran participar.

Froito dun compromiso

As mulleres vítimas da violencia sexista é un dos colectivos en que se centra o proxecto social de Clece, Clece Social, e sobre o que a empresa está especialmente sensibilizada. Ademais de xestionar casas de acollida para a Administración pública, Clece desenvolve iniciativas de concienciación, como os Foros pola Integración, que se organizan en distintas comunidades autónomas para falar sobre os problemas deste colectivo, e campañas con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Ademais, Clece está involucrada en proxectos institucionais tan importantes como «Hai Saída».

A compañía realiza tamén un esforzo pola integración laboral de persoas deste colectivo. Actualmente, máis de 170 mulleres que sufriron a violencia machista forman parte activa do cadro de persoal de Clece. «Tentamos apoiar estas mulleres facilitándolles a súa inserción no mercado laboral, axudándolles así a recuperar a súa autoestima, autonomía persoal e independencia económica; unha oportunidade laboral, lonxe da súa contorna, onde desenvolver e formar unha nova vida, o que, en moitos casos, pode supor unha saída ao problema», afirma José Andrés Elizaga.

O labor de apoio e integración de vítimas da violencia de xénero de Clece recibiu o recoñecemento de mans do presidente do Goberno en 2016 e foi tamén a única compañía convidada na ONU para presentar o seu modelo de integración de mulleres vítimas da violencia sexista.

Máis información e bases dos premios