FINALIZA A 7.ª PROMOCIÓN DO PROGRAMA SUPERIOR DE DESENVOLVEMENTO

FINALIZA A 7.ª PROMOCIÓN DO PROGRAMA SUPERIOR DE DESENVOLVEMENTO

35 xefes de servizo superan o programa de 250 horas de formación para o desenvolvemento de competencias técnicas nas súas áreas de actividade.

Madrid, 20 de xullo de 2016. A 7.ª promoción do Programa Superior de Desenvolvemento (PSD) de Clece foi superado con éxito por 35 xefes de servizo que, grazas a este programa formativo, desenvolveron competencias técnicas nas súas respectivas áreas de actividade.

Con máis de 250 horas lectivas e un ano e medio de duración, o PSD achega aos profesionais unha ampla visión de negocio preparándoos en todas as áreas de coñecemento implicadas na xestión de servizos. Para iso, a metodoloxía baséase en avaliacións modulares, exercicios prácticos, exames, simulacións e foros de traballo para cada unha das súas tres especialidades: Limpeza, Mantemento e Xeral.

Durante o acto de clausura da 7.ª promoción, Purificación González Pérez, directora de Recursos Humanos de Clece, felicitou todos os participantes destacando «o esforzo realizado ao teren que compaxinar a alta esixencia do seu posto de traballo coa realización do programa de formación superior. Isto demostra o compromiso e implicación dos profesionais de Clece. Eles son os que converten a compañía nun referente do mercado, líder en moitos dos sectores nos que está presente».

Durante o acto de clausura, xunto á entrega de diplomas aos 35 xefes de servizo, fíxose entrega dos premios individuais, en recoñecemento ao traballo e aprendizaxe realizados, e dos premios especiais aos mellores resultados.

Pola súa banda, os participantes valoraron positivamente a realización do PSD e salientaron entre os aspectos máis destacados a gran aplicabilidade no traballo diario, así como o obradoiro avanzado da área económico-financeira para poder seguir incrementado os coñecementos teórico-prácticos da xestión de servizos.

O PSD contará a próxima edición cunha actualización de contidos no módulo técnico, como o taboleiro de mando e o facility management, que permitirá a Clece seguir contando cun programa corporativo de gran valor para un posto chave na empresa.