O proxecto Xenex de Clece premiado como unha das mellores ideas innovadoras do 2015

O proxecto Xenex de Clece premiado como unha das mellores ideas innovadoras do 2015

 

  • A revista Actualidad Económica premia a innovación cos seus premios ás cen mellores ideas na súa 38.ª edición.
  • O proxecto XENEX, unha das 8 mellores ideas da área de saúde, incluídas dentro das 100 mellores ideas do 2015.
  • Xenex Germ Zapping, un robot de Clece que usa luz ultravioleta tipo C para destruír en minutos microorganismos patóxenos como as bacterias, unha utilidade especialmente valorada tras a crise do ébola. 

Madrid, abril de 2016. A crise do ébola puxo o foco de atención na importancia da desinfección dos espazos que estiveron en contacto co virus. O robot Xenex Germ Zapping de Clece foi, no seu momento, o aparello utilizado nos EUA para desinfectar as habitacións dos hospitais que acolleron pacientes do ébola.

Este equipo, que xa se usa no Hospital Vall d’Hebrón de Barcelona e no Hospital de la Fe de Valencia, usa a luz ultravioleta tipo C, xerada mediante as lámpadas de gas xenon, para destruír en minutos microorganismos patóxenos como bacterias, fungos e virus.

«Tras cinco meses de traballo, os estudos científicos realizados polo Centro Nacional de Biotecnoloxía, CNB, pertencente ao CSIC, demostraron a alta capacidade de desinfección deste sistema cunha eficacia de máis do 99,9999 % de eliminación de bacterias e máis do 99,9 % de virus e esporas», explican dende Clece, única empresa no noso país que presta este servizo.