Clece e Multiservicios Aeroportuarios mostran a seis alumnos de secundaria as reviravoltas do aeroporto

Clece e Multiservicios Aeroportuarios mostran a seis alumnos de secundaria as reviravoltas do aeroporto

  • Dentro do programa 4.º ESO + Empresa

Madrid, marzo de 2015. Por terceiro ano consecutivo, Clece, a través da súa filial Multiservicios Aeroportuarios (MA), recibiu seis alumnos do IES Margarita Salas de Majadahonda (Madrid) no business center do aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas dentro do programa 4.º ESO + Empresa. Este programa está promovido pola Dirección Xeral de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinos de Réxime Especial da Comunidade de Madrid co fin de achegar o sistema educativo e o mundo laboral.

Durante as catro xornadas nas que se desenvolveu o programa, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer en primeira persoa os labores realizados por MA no aeroporto e que abranguen dende os servizos de PMR, xestión das salas VIP e business center, ou mantemento. Tras recibir unha parte teórica, os alumnos teñen a oportunidade de acceder ás propias vistas e ver in situ os labores de mantemento, push-back etc. que a empresa realiza cada vez que aterra ou despega un avión, ver a zona de mantemento de colectores ou participar nos labores de asistencia a PMR.

Os alumnos asistentes destacaron que lles parecía moi interesante «ter a oportunidade de descubrir como funciona o aeroporto, ademais de ter a oportunidade de acceder ás salas VIP e Premium». Un dos alumnos interesado en estudar enxeñaría aeronáutica ou outra disciplina relacionada co sector aéreo sinalou que «é unha boa fórmula para coñecer un pouco mellor os diferentes campos que abarca».

Segundo sinalaba José Manuel Veiga, responsable de desenvolvemento de negocio e encargado deste proxecto en Clece, «MA sempre recibe unha gran cantidade de peticións porque para os estudantes resulta moi rechamante o mundo aeroportuario». Ben por recomendación doutros compañeiros que xa foran, ben por interese nesta área ou «por acompañar unha amiga», os seis estudantes quedaron moi satisfeitos co desenvolvemento do curso, así como os seus profesores, que apuntaban que están encantados coa súa enerxía e entusiasmo.