Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

«Unha vida sen violencia, unha vida con respecto» é a campaña impulsada por Clece con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Clece, altamente comprometida e sensibilizada con esta causa, levou a cabo por quinto ano consecutivo diferentes actividades de sensibilización en numerosos centros de traballo e oficinas, logrando a implicación de persoal, clientes e usuarios dos distintos servizos que presta a empresa.

Este ano destacou a elevada participación nas iniciativas que tiveron lugar nos distintos puntos de España, xa que a compañía conseguiu que máis de 45 000 persoas participasen nas diferentes campañas de sensibilización coas vítimas.

Baixo o lema «Unha vida sen violencia, unha vida con respecto» celebrouse unha ampla variedade de accións, como concentracións, charlas, colocación de murais, chapas e lazos, casetas informativas e repartición de materiais.

Esta programación levouse a cabo en escolas infantís, hospitais, residencias de maiores, centros de traballo, oficinas e entidades públicas.

A compañía aposta fortemente pola integración laboral de mulleres que sufriron violencia de xénero. Actualmente, 271 mulleres deste colectivo forman parte do cadro de persoal de Clece.