Clece ponse en marcha contra a violencia de xénero na carreira «Hai Saída»

Clece ponse en marcha contra a violencia de xénero na carreira «Hai Saída»

  • Como empresa colaboradora, repartiu un centenar de dorsais entre os seus empregados e impartiu talleres e actividades gratuítas para crianzas por medio da división de Escolas Infantís.

Madrid, 1 de xullo 2015. Un centenar de traballadores de Clece correron este domingo en Madrid na carreira popular «Hai Saída, por unha sociedade libre da violencia de xénero», un circuíto solidario de 6,2 quilómetros polas aforas do Parque do Retiro, con saída e meta en Cuesta de Moyano, polo que marcharon máis de 3000 participantes co obxectivo de demostrar que as persoas que sofren violencia de xénero non están soas.

Un ano máis, Clece non faltou a esta cita, organizada pola revista Mía en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, como reflexo do seu firme compromiso contra a violencia sexista. «Novamente, os nosos empregados demostraron o seu compromiso social e superaron todas as nosas expectativas implicándose nesta popular carreira. Sentímonos realmente orgullosos de contar cun equipo persoal de traballadoras e traballadores tan concienciado e activo en materia social», comentou Cristóbal Valderas, presidente de Clece, quen tamén subliñou o importante labor que leva facendo a empresa en materia de integración laboral das mulleres vítimas da violencia de xénero. «Só en 2014, Clece deu un emprego a 158 mulleres que sufriron esta situación, dándolles unha oportunidade e independencia económica para seguir adiante», engadiu.

Ademais de colaborar na carreira, Clece impartiu distintos obradoiros e actividades gratuítas para cativos no recinto do Retiro a través da súa división de Escolas Infantís.

Cómpre salientar tamén que este ano, como novidade, a revista Mía quixo implicar os máis pequenos da casa organizando unha carreira especial de bebés de gatiñas, unha curiosa iniciativa que tivo unha grande acollida entre as nais.

'); }); });