Renovación da xestión integral dos Teatros del Canal e o Teatro Auditorio San Lorenzo del Escorial

Xaneiro de 2015. Clece renovou a xestión e explotación dos Teatros del Canal e o Teatro Auditorio de San Lorenzo del Escorial, ambos da Comunidade de Madrid. Esta renovación produciuse en xaneiro de 2015, tras seis anos de xestión, con máis de 1 200 000 espectadores e 700 espectáculos. O contrato foi adxudicado por un período de dous anos prorrogables a outras dúas renovacións bienais até un total de 6 anos.

A xestión integral destes dous espazos culturais inclúe, entre outros servizos: mantemento integral das instalacións e equipamento escénico; servizos, subministracións e asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento da actividade escénica e non-escénica; venda de entradas, marketing e comunicación; servizos de despacho de billetes, control de acceso, asistencia en sala e información ao público; restauración e servicios de limpeza, seguridade e vixilancia dos centros.

Teatros del Canal: máis audiencia, máis compromiso, máis calidade
Dende a súa apertura en febreiro do 2009, os Teatros del Canal ofreceron 580 espectáculos, cunha porcentaxe media de ocupación do 72 %. A variada programación foi seguida por máis de 1 100 000 espectadores en máis de 2 700 funcións. Outro dos espazos de xestión, o Centro Danza Canal (CDC), centro coreográfico da Comunidade de Madrid, viu nacer máis de 120 proxectos de creación.

Tamén destacou a súa actividade como sede para unha longa listaxe de empresas. Entre outros eventos, acolleu a gala dos Premios Goya, o Congreso da Felicidade de Coca Cola, a gala dos Premios Alma da Fundación Real Madrid, así como diferentes encontros profesionais de Club de Excelencia en Gestión, Instituto de Empresa, Wolters Kluwer ou Garrigues.

No plano social, o modelo de xestión procura o rendemento social da actividade cultural favorecendo o acceso de toda a cidadanía mediante unha gran variedade de propostas a prezos populares, con especial atención a colectivos como maiores de 65, xente nova ou desempregados. Entre outras iniciativas, en varias ocasións ao ano ofrece actividades de acceso gratuíto, como maratóns musicais, actuacións de bandas de música ou xornadas de portas abertas. Dende os seus inicios, mantén un programa educativo dirixido a estudantes no que cada ano participan 20 000 escolares. Baixo a denominación «Más que cultura», en colaboración coa Joven Orquesta y Coro da Comunidade de Madrid e a Fundación SaludArte, os teatros apoian varios proxectos sociais dirixidos a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Ademais, participa no proxecto Teatro Accesible que ofrece ao público funcións adaptadas.

No plano da calidade, os Teatros del Canal da Comunidade de Madrid foron, en 2012, o primeiro espazo escénico do noso país en acadar unha dobre certificación integral de calidade e xestión ambiental. Obtivo a certificación UNE EN ISO 9001 de xestión de calidade e a ISO 14001 en xestión ambiental.

Teatro Auditorio San Lorenzo del Escorial, sede de festivais
O Teatro Auditorio de San Lorenzo del Escorial é un dos espazos escénicos máis sofisticados de España dende o punto de vista tecnolóxico e arquitectónico. Ten 25 401 metros cadrados de superficie construída distribuída ao longo de dez andares, oito deles soterrados, polo que só aflora ao exterior unha quinta parte do volume do edificio. En canto á súa programación, son tres os festivais que se celebran ao ano nas datas de Semana Santa, Nadal e verán. A música é a protagonista destes festivais, que ofrecen unha variada programación conformada por ópera, zarzuela, concertos sinfónicos e de cámara, así como espectáculos de danza e para público infantil.