Surf para persoas con discapacidade no Día Internacional do Surf das Palmas de Gran Canaria

Surf para persoas con discapacidade no Día Internacional do Surf das Palmas de Gran Canaria

As Palmas de Gran Canaria, 21 de xuño de 2014. Clece sumouse á celebración do Día Internacional do Surf nas Palmas de Gran Canaria achegando o surf ás persoas con discapacidade intelectual co programa Surf para Todos na praia de Las Canteras. En colaboración coa escola de Hopupu SURF, permitiu ás persoas con discapacidade intelectual e sensorial gozar, de forma integradora cos demais surfistas, dun día especial na auga coa axuda de monitores e técnicos de actividades deportivas.

Surf para Todos incluíuse no amplo programa de actividades organizado pola Asociación de Escolas do Surf de Gran Canaria e a Concellaría de Cidade do Mar do consistorio da capital con motivo do Día Internacional do Surf. Durante a xornada, que logrou congregar máis de 20 000 persoas na praia de Las Canteras, informouse aos asistentes dos beneficios e valores do surf ademais de ofrecer clases de iniciación para todos os niveis.

Da praia de La Laja a Las Canteras
Precisamente para facer chegar estes beneficios ás persoas con discapacidade, Clece puxo en marcha hai xa tres anos Surf para Todos. Trátase dun proxecto social terapéutico dirixido ás persoas con discapacidade intelectual do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos (CAMP) de San José de Las Longueras, situado en Telde e xestionado por Clece. O obxectivo do proxecto é que estas persoas (con perfís de autismo, síndrome de Down, microcefalia ou parálise cerebral, entre outros) realicen actividades de lecer que lles permitan integrarse con normalidade á vez que aproveitan os beneficios deste deporte e das praias para facer unha actividade terapéutica diferente.

Entre estes beneficios atópanse o poder realizar unha actividade ao aire libre, as propiedades asociadas ao mar e ao sol (elioterapia), o desenvolvemento de habilidades sociais, a propiocepción (conciencia do propio corpo), as funcións de vestido e desvestido, así como estímulos físicos e rehabilitadores.

Dado o carácter innovador e social da iniciativa, Clece quixo trasladala para a ocasión, dende a praia de La Laja, onde se realiza habitualmente, á praia de Las Canteras, sumándose así ao Día Internacional do Surf nas Palmas de Gran Canaria.