CLECE PARTICIPA ACTIVAMENTE NO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

CLECE PARTICIPA ACTIVAMENTE NO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

  • A empresa substituirá durante unha semana máis de 10 000 litros de produtos químicos por ecolóxicos na súa actividade de limpeza.
  • Fomentará un consumo de alimentos ecolóxicos como parte da sensibilización entre o cadro de persoal.
  • Mediante o concurso de ideas ambientais, solicitará a participación do persoal da organización con proxectos orientados á sustentabilidade ambiental.

 

Madrid, 5 de xuño de 2018. Clece uniuse ao Día Mundial do Medio Ambiente con distintas iniciativas de concienciación e preservación do medio natural implicando tanto os seus empregados coma clientes ou usuarios dos seus servizos.

Dentro das iniciativas desenvolvidas na organización, ao longo do día 5 terá lugar a acción «Alimentos ecolóxicos: bos para a natureza, bos para ti». Trátase dunha actividade informativa sobre os beneficios da alimentación ecolóxica, en liña cos obxectivos de seguridade alimentaria e nutrición que pivotan nun triplo eixo: restauración segura, saudable e sustentable. Máis de 1200 persoas participarán nestas sesións formativas en que a compañía tamén fai entrega de 700 quilos de froita ecolóxica.

Clece tamén puxo en marcha a primeira edición dun concurso ambiental entre o seu cadro de persoal co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de reducir os consumos ambientais, tales como o papel ou a electricidade, así como de mitigar os potenciais impactos no medio natural dos residuos perigosos e non-perigosos.

A primeira convocatoria recibiu 50 proxectos con innovacións orientadas á mobilidade sustentable, redución de consumos de papel mediante a dixitalización de documentos, redución de produtos químicos e educación ambiental en escolas infantís de 0-3 anos.

 

Produtos ecolóxicos de limpeza

Para conmemorar esta data, tamén durante a semana do 4 ao 9 de xuño, 156 centros en que Clece presta servizos de limpeza substituirán os produtos químicos de limpeza por produtos ecolóxicos, máis respectuosos co medio. Centros de limpeza, escolas infantís e residencias, entre outros, adheríronse a esta acción. Entre todos prevese substituír nunha semana máis de 10 000 litros de produtos químicos por ecolóxicos.

Outras accións percorrerán distintos puntos en que Clece presta os seus servizos, implicando usuarios e clientes. Na Universidade de Murcia e en distintos hospitais da Comunidade Valenciana, Clece fará entrega dunha planta a todas as persoas que deixen escrito o seu compromiso co medio natural nun libro habilitado para iso. No Hospital de la Fe de Valencia terá lugar como xesto simbólico o transplante dunha árbore e no Hospital de Elda en Alacante inaugurarase un horto para pacientes psiquiátricos en que Clece colaborou.

Recollida de móbiles vellos con fins solidarios, substitución de vasos de plástico por botellas de cristal, intercambio de libros, traballos manuais en escolas infantís ou reparto de sementes son outras accións que completarán a celebración do Día do Medio Ambiente en Clece.