Premios Incorpora a 10 anos de contratación social

Premios Incorpora a 10 anos de contratación social

  • A entidade recoñece a Clece polo seu alto nivel de inserción laboral na Comunidade Valenciana e na Comunidade Foral de Navarra.

A Obra Social La Caixa recoñeceu a Clece polo seu alto nivel de inserción laboral nos 10 anos do Programa Incorpora de La Caixa na Comunidade Valenciana e na Comunidade Foral de Navarra. A entidade premia así as mellores actuacións do sector empresarial no ámbito do emprego en persoas en situación ou risco de exclusión social.

A distinción na Comunidade Valenciana foi entregada no acto que tivo lugar o 15 de febreiro no Centre Cultural La Beneficència e que estivo presidido pola vicepresidenta e conselleira de Igualdade e Políticas Inclusivas, Mónica Oltra, e por representantes de CaixaBank e da Obra Social La Caixa.

«No noso cadro de persoal actual de máis de 4 500 traballadores na Comunidade Valenciana, un total de 390 son persoas con especiais dificultades de inserción laboral, como persoas con discapacidade, vítimas da violencia de xénero, persoas en exclusión ou xente nova desempregada», declarou Mateo Lamirán, delegado social de Clece, quen dedicou o premio a estes traballadores.

Na Comunidade Foral de Navarra, Clece recolleu o recoñecemento o 23 de febreiro nun acto que tivo lugar en Pamplona coa asistencia do viceconselleiro de Dereitos Sociais do Goberno de Navarra, Mikel Laparra Navarro, así como de representantes de CaixaBank e da Obra Social La Caixa.

Jorge Ortega, delegado de Clece en Navarra, País Vasco e A Rioxa, destacou que «a integración é posible e moi positiva; a empresa é a principal beneficiaria de contratar persoas de colectivos en dificultades». Actualmente, Clece en Navarra conta con 28 persoas pertencentes a colectivos vulnerables, persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, dentro dun cadro de persoal de 347 traballadores.