Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Viaxe á diversidade

En Clece traballan na actualidade 5715 persoas con diversidade funcional, gran parte delas a través do centro especial de emprego Grupo Integra. Para concienciar sobre os beneficios de incorporar o seu talento á empresa, promovéronse distintas iniciativas con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro.

En Madrid, a acción «Unha viaxe á diversidade» convidou a cidadanía a experimentar en primeira persoa algunhas das barreiras que este amplo colectivo ten que superar a diario: paseos en cadeiras de rodas, lentes con visión reducida ou guías en lingua de signos foron algunhas das propostas. En Valladolid, a Facultade de Educación e Traballo Social acolleu as I Xornadas Técnicas de Emprego e Discapacidade. O obxectivo da xornada, que congregou máis de 170 persoas, foi xerar sinerxías e novas liñas de colaboración, así como achegar o coñecemento para acadar a igualdade real de dereitos.