Foro-Coloquio Clece pola Integración: falamos de inclusión laboral?

Desde 2014, Clece Social promove a inclusión través dos «Foros-Coloquios pola Integración», unha iniciativa de encontro e diálogo entre os diferentes axentes que participan neste reto común: institucións, intermediarios, empresas e candidatos.

A última edición supuxo a celebración do oitavo foro e tivo lugar no Palacio de La Magdalena de Santander o 1 de marzo de 2018 co lema Falamos de inclusión laboral? Nel, participaron Gema Igual, alcaldesa de Santander; Roberto del Pozo, concelleiro de Autonomía Persoal; Francisco Javier Gutiérrez Iglesias, primeiro tenente de alcalde do concello de Cabezón de la Sal; Tomás Castillo Arenal, xerente da asociación de persoas con discapacidade Amica; Cristóbal Valderas, presidente de Clece, e María José Mateo, traballadora de Clece.

O encontro puxo de relevo a necesidade de impulsar alianzas entre a empresa privada e a administración, así como a necesidade de apostar pola formación para reducir as taxas de paro das persoas con discapacidade, as persoas en risco de exclusión e as mulleres vítimas da violencia de xénero.