Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

A sociedade mobilizouse de forma masiva o 25 de novembro con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Clece uniuse a este clamor con dúas campañas: «Non cales» e «Unha vida sen violencia, unha vida con respecto».

Coa implicación de clientes, provedores, traballadores e usuarios, conseguiu a adhesión de máis de 45 000 persoas. Hospitais, escolas infantís, residencias de maiores, centros de traballo, oficinas e entidades públicas participaron nun programa que incluíu concentracións, obradoiros, charlas, xornadas, murais, manifestos, despregamento de lonas, casetas informativas e repartición de materiais conmemorativos.

img