Rosario Naharro

«Imos saír adiante porque me abriron unha porta.»

«Separeime e teño a garda e custodia das miñas fillas. Custoume moitísimo dar o paso, mais a situación era horrible. Preocupábame moito a miña idade, 50 anos» relata Rosario. Porén, atopou un traballo e con el a forza que necesitaba: «Imos saír adiante porque me abriron unha porta», aseguroulles ás súas fillas. Así foi. «O traballo pode cambiar a vida. Á parte de que te sentes realizada e sabes que vales, estou súper orgullosa de saír adiante, de que as miñas fillas estean ben.»

img