Derrubando barreiras

Milleiros de persoas enfróntanse a diario a impedimentos de orixe, xénero ou condición no seu acceso ao mercado de traballo, barreiras responsables da exclusión e a desigualdade social. Trátase dun mapa complexo e multidimensional no que o emprego inflúe de maneira determinante. O proxecto social de Clece diríxese a catro colectivos en concreto: persoas con diversidade funcional, vítimas da violencia de xénero, persoas en risco ou situación de exclusión e xente nova en situación de desemprego.

O emprego é, en moitas ocasións, unha vía para reducir a súa situación de vulnerabilidade. Con solucións adaptadas a cada realidade, Clece integra no seu cadro de persoal 5715 persoas con diversidade funcional, un 4 % máis ca no último ano. Impulsada polo «Proxecto 139», tamén se incrementou a contratación de mulleres vítimas da violencia sexista, chegando ás 235 traballadoras deste colectivo, un 47,7 % máis respecto ao último período. Os traballadores en risco ou situación de exclusión ascenderon un 19,6 % chegando aos 823 empregados. Por último, a contratación de xente nova en desemprego tamén medrou, un 4,7 %, chegando aos 1211 empregados.

icon
2018

Diversidade funcional

5715 traballadores
icon
2018

Vítimas da violencia de xénero

235 traballadoras
icon
2018

Exclusión social

823 traballadores
icon
2018

Xente nova desempregada

1211 traballadores
Datos de xuño de 2018