Perla Masiel

«Antes non tiña nada e agora podo dicir que teño un traballo e que estou a estudar.»

Perla veu da República Dominicana cando tiña 17 anos: «Os meus pais viñeron aquí primeiro e logo decidiron traernos a nós. Somos cinco irmáns». Non quería deixar os estudos, pero tiña que axudar a súa familia. En Cáritas déronlle a coñecer un programa que lle permitía compatibilizar traballo e estudos. «O meu soldo permite que na miña familia teñamos unha estabilidade que antes non tiñamos. A nivel persoal, permitiume ser útil para a sociedade e para min mesma.» Perla é consciente de todo o que conseguiu co seu esforzo: «Antes non tiña nada e agora podo dicir que teño un traballo e que estou a estudar».

img