Gabriel García

«Vou seguir demostrando que podo sacar o máximo de min. Non sei onde están os meus límites.»

Na vida de Gabriel hai un antes e un despois. A súa vida laboral fora «frustrante» antes do seu emprego actual: «Empresas nas que entraba a traballar e, non cho dicían directamente, pero botábante pola túa discapacidade». Hoxe traballa como encargado de varias cafetarías, alcanzou unha estabilidade económica e emocional, e séntese «feliz». Mais non queda aí: «Vou seguir demostrando que vallo máis, que podo sacar o máximo de min. Non sei onde están os meus límites».

img