DOUS EIXOS,
UN MESMO FIN

Para mellorar a situación de desvantaxe social respecto ao emprego, Clece dirixe os seus esforzos á integración laboral, incorporando de maneira efectiva no cadro de persoal persoas de colectivos desfavorecidos. Ademais, leva a cabo un importante labor de sensibilización para loitar contra os estereotipos e prexuízos que dificultan o seu acceso ao mercado de traballo.

Estes dous eixos, integración laboral e sensibilización, son as dúas caras dun mesmo obxectivo: a inclusión social.