UN PROXECTO MOI NOSO

No últimos catro anos, Clece duplicou o número de traballadores que proveñen de colectivos socialmente vulnerables, chegando a representar na actualidade un 10,7 % do seu cadro de persoal.

Esta cifra non sería posible sen a implicación da compañía a todos os niveis, dedicando os recursos necesarios para a sensibilización e formación interna, así como para unha integración eficaz con procedementos de seguimento e apoio.

Con todo, fomentar a igualdade de oportunidades non é só unha cuestión social senón tamén empresarial, onde o beneficio é recíproco. Estes colectivos son unha enorme fonte de habilidades e talento; melloran o traballo en equipo, a motivación e a produtividade, ademais de xeraren un maior compromiso dos empregados.

img