Isaac Espinosa

«O traballo pódeche cambiar a vida totalmente. O ser humano necesita sentirse útil.»

«Chamáronme de Clece en febreiro. En marzo tería que deixar a casa. Foi coma se che tirasen un bote salvavidas.» Así lembra Isaac o momento no que atopou emprego despois de afrontar anos nos que se sucederan as complicacións persoais e profesionais. «Dicirme dun día para outro que non vou poder utilizar o meu corpo, cargar ou facer esforzo físico. Para min foi un choque. Non o cría. Custoume dous anos presentar os papeis da discapacidade» lembra. En 2012 comezou a traballar en Talher, filial de servizos ambientais de Clece. «O traballo pódeche cambiar a vida totalmente. O ser humano necesita sentirse útil. Cando tes unha discapacidade, veste nesta situación, e danche un traballo, a alegría é inmensa. Por ti e pola túa familia» afirma.

img