Sensibilización

Nos últimos anos asistimos a un paulatino cambio de mentalidade por parte das empresas que comezan a apostar por contornas diversas e inclusivas. Clece Social traballa desde os seus inicios por xerar un clima favorable á integración, contribuíndo a derrubar as barreiras á inclusión laboral.

A intervención coa contorna, a través de accións de sensibilización, é un eixo clave do proxecto social de Clece. No último ano leváronse a cabo máis de 300 iniciativas con impacto en preto de 100 000 persoas, entre outras, a terceira edición dos Premios Compromiso e a oitava edición do Foro-Coloquio pola Integración. Clece tamén promoveu campañas especiais polo Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero ou o Día Internacional da Discapacidade.

Por outra banda, Clece Social sumouse a iniciativas doutras entidades, como a campaña «El consultor del buen rollo» da Fundación Adecco ou a V carreira «Hai saída» á violencia de xénero organizada pola revista "Mía" e o xornal "20 Minutos".