III Premios Compromiso A loita contra a violencia de xénero, prioridade social

A terceira edición dos Premios Compromiso abriu unha nova etapa nestes galardóns ao centrarse na loita contra a violencia de xénero e adquirir alcance nacional. Este salto responde á crecente demanda social e ao compromiso de Clece pola igualdade e por axudar as mulleres vítimas.

Os premios recoñeceron o labor realizado polas entidades seguintes: Asociación Deméter por la Igualdad, Fundación ARED e Fundación Nova Feina. Cada unha delas recibiu unha dotación económica de 10 000 euros. Na categoría de Mellor Traballo Xornalístico, os xornalistas Arturo Checa de Las Provincias e Chelo Tuya de El Comercio gañaron ex aequo o galardón dotado con 7000 euros cada un. O xurado concedeu, ademais, unha mención especial á Sección de Sociedade da Axencia EFE pola súa implicación e labor xornalístico. O Premio Especial do Xurado á personalidade máis relevante na loita contra a violencia de xénero foi concedido á deputada Carmen Quintanilla Barba pola súa destacada traxectoria neste ámbito. Así mesmo, o xurado outorgou unha mención especial á cineasta Icíar Bollaín polo importante papel do cine como vehículo para xerar conciencia.

Ao longo de toda a gala, celebrada nos Teatros del Canal de Madrid e conducida pola xornalista Sandra Golpe, escenificouse un apoio real e próximo ás vítimas, compartindo testemuños e algúns dos momentos máis emotivos do evento.

img