Nicoleta Burlan

«O traballo axudoume a non depender de ninguén, a sacar os meus nenos adiante.»

Lonxe do seu país natal, Romanía, Nicoleta tivo que soportar «un ambiente moi complicado de malos tratos nun país onde non coñecía a ninguén». Tras dúbidas, medo e incerteza, tomou a decisión de saír. «Foi un paso enorme, porque estaba como nun buraco tapado. E conseguino, por min e polos meus nenos» relata. Xa pasaron oitos anos desde que comezou a traballar para Clece. «O traballo axudoume a saír adiante, a non depender de ninguén, a poder sacar os meus nenos adiante. Estes oito anos foron para min como outra escola. Síntome moi realizada.»

img