Premio Incorpora en Asturias e Madrid

Premio Incorpora en Asturias e Madrid

  • Os cadros de persoal de Clece no Principado de Asturias e Madrid acadan porcentaxes de integración de colectivos vulnerables superiores ao 13 %.

Madrid, outubro de 2015. Clece recibiu o Premio Incorpora de La Caixa na categoría de «Gran Empresa» no Principado de Asturias e mais na Comunidade de Madrid. Estes premios, con convocatorias específicas para cada comunidade autónoma, recoñecen empresas e organizacións que apostan pola integración laboral de colectivos vulnerables.

Os recoñecementos foron posibles grazas á estreita colaboración para a selección de perfís entre Clece e as entidades colaboradoras: Cocemfe no Principado de Asturias e Pinardi en Madrid. Este vínculo permitiu acadar en ambos os casos índices de integración superiores ao 13 %. Así, no Principado de Asturias, Clece conta con 982 traballadores, dos cales un 18 % son persoas de colectivos desfavorecidos. En canto a Madrid, do cadro de persoal de 13 649 traballadores, os perfís de difícil inserción teñen un peso do 14 %.

«O Programa Incorpora está plenamente en liña co compromiso social de Clece, xa que un dos nosos principais eixos de actuación é a integración laboral de persoas socialmente vulnerables. Para iso colaboramos con máis de 200 entidades sociais. Por este motivo, non podemos deixar de participar nesta gran iniciativa de La Caixa, que exemplifica ademais como a suma de esforzos sempre dá grandes resultados. Estamos moi satisfeitos con estes galardóns, premios que queremos compartir cos nosos colaboradores e, por suposto, cos nosos empregados» declarou Jose Andrés Elizaga, director de Comunicación e Relacións Institucionais de Clece.

Entre os criterios que seguiu o xurado para elixir as candidaturas gañadoras están o número de contratacións de persoas vulnerables respecto ao conxunto do cadro de persoal, o perfil dos traballadores integrados e a duración media dos contratos.

O trofeo dos premios foi deseñado polo prestixioso deseñador André Ricard e producido pola Fundación de Autismo Mas Casadevall.

premio-incorpora-en-asturias-y-madrid1