A xerencia de Clece en Almería celebra unha xornada de convivencia pais, nais e crianzas para conciliar a vida familiar e laboral do seu cadro de persoal

  • Os cativos puideron coñecer de primeira man como transcorre o día a día laboral dos seus pais e das súas nais, así como os seus compañeiros e o seu lugar de traballo.
  • Tamén participaron en distintas actividades de lecer durante toda a xornada, festiva nos colexios almerienses.

Madrid, xuño de 2015. Co fin de contribuír á conciliación da vida persoal, laboral e familiar do seu cadro de persoal, a xerencia de Clece en Almería organizou recentemente unha xornada de convivencia nais, pais e crianzas. Durante esta xornada, que era festiva nos centros escolares almerienses, os traballadores compartiron cos seus cativos un día na oficina co fin de que coñecesen de primeira man como transcorre a súa xornada laboral.

En total participaron 27 pequenos con idades comprendidas entre os 7 meses e os 15 anos, que tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións, as mesas onde traballan os seus pais e nais, familiarizarse con todos os seus compañeiros, iniciando a xornada cun almorzo acompañados por todo o persoal da xerencia de Clece en Almería.

Ás 10.00, o xerente de Clece, Diego López, deulles a benvida na sala de xuntas, para pasar a gozar dunha xornada de descubrimento e diversión animados por unha monitora infantil.

Entre outras actividades, os cativos puideron gozar de baile, cancións populares que interpretaron diante dos maiores, elaboración de murais con témperas, ceras e papel crepe, cancións e xogos para os máis pequenos, e xogos interactivos con tablets.

Así mesmo, os maiores de 4 anos tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de La Voz de Almería e da emisora local da Cadena Ser, onde coñeceron de primeira man como se traballa en ambos os medios, e mesmo interviñeron en directo no programa «En este momento».

Grazas á celebración desta xornada, os traballadores da xerencia de Clece en Almería puideron conciliar un pouco máis a súa vida laboral e familiar, ao compaxinaren un día laborable coa festividade no calendario escolar. Así mesmo, esta actividade axudou a enriquecer o clima laboral e a achegar aos cativos o día a día do traballo das súas nais e pais.