Pasear por rúas limpas e espazos públicos ben conservados é un claro baremo da calidade de vida nunha cidade, un servizo básico para a veciñanza e un activo fundamental para o turismo, principal fonte de ingresos de moitas localidades.

O benestar da cidadanía e traballar por poboacións máis limpas e sustentables é o que leva a Clece, a través da súa filial Talher, a xestionar servizos de limpeza municipal e de recollida de residuos domiciliarios para concellos e mancomunidades. Máis aló de axustarnos á normativa ambiental e á lexislación vixente, o noso reto é ofrecer un servizo eficiente en termos de calidade e custo. Ademais, apostamos pola integración social na prestación desta actividade.

1.600.000 M2 DE LIMPEZA VIARIA XESTIONADOS
24.595 TONELADAS DE RESIDUOS TRATADOS
281.695 HABITANTES ATENDIDOS POR SERVIZOS URBANOS MUNICIPAIS