I Premios-Compromiso

EDICIÓN I. 2015

Celebrouse o 2 de marzo de 2015, en Madrid, a gala de entrega da primeira edición dos Premios Compromiso, un evento onde se recoñeceu o labor de entidades sen ánimo de lucro comprometidas con persoas en risco de exclusión social, vítimas da violencia de xénero, persoas con discapacidade e persoas maiores.

O xurado, moi vinculado á realidade social destes colectivos, valorou máis de 157 candidaturas de entidades madrileñas. A súa presidenta, Irene Villa, deu os parabéns a todos os proxectos presentados e resaltou o valor da iniciativa «por fomentar a posta en marcha de proxectos que axudan á integración social e laboral».

Por favor acepta las cookies de marketing para poder ver este vídeo.

XURADO

Presidenta do xurado

Irene Villa
Licenciada en Comunicación Audiovisual, Humanidades e Psicoloxía.

Vogais

César Antón Beltrán
Director Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO).

Carmen Balfagón Lloreda
Secretaria Xeral Técnica de Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid.

David Casinos Sierra
Deportista profesional do Valencia Terra i Mar.

Matilde Fernández Sanz
Deputada da Asemblea de Madrid polo Grupo Parlamentario Socialista.

Pedro Montoliú Camps
Director de Madrid-diario.es

Dolores Navarro Ruiz
Concelleira do Concello de Madrid.

Cristóbal Valderas Alvarado
Presidente executivo do Grupo Clece.

Gañadores

Os gañadores da primeira edición dos Premios Compromiso foron:

Categoría Exclusión Social

Asociación Línea 10
«Novo camiño 2015»

Obxectivo:

Favorecer a inserción social de familias en situación de risco ou dificultade social mediante o acompañamento social e a intervención socioeducativa, no seu domicilio ou na sede da asociación, destinada ao seu desenvolvemento persoal e a unha maior autonomía. De maneira especial axúdase as familias no coidado dos fillos para permitirlles aos proxenitores conciliar a vida laboral coa vida familiar.

Beneficiarios:

  • 45 menores de entre 3 e 12 anos.
  • 35 familias.

Categoría Vítimas da Violencia de Xénero

Asociación Victoria de Fuenlabrada
«Acción, defensa e reacción contra a violencia de xénero»

Obxectivo:

Benestar, integración, empoderamento e emancipación das mulleres vítimas da violencia de xénero.

Beneficiarios:

  • Mulleres vítimas da violencia de xénero derivadas por policía, servizos sociais, puntos municipais de violencia de xénero, casas de acollida, centros de atención especializada na muller, Cruz Vermella, outras asociacións, vogalías de muller ou calquera outro medio.
  • Mulleres da rede de apoio da muller afectada.
  • Fillos/as menores das mulleres vítimas (de 3 anos en diante).

Páxina web:

https://asociacionvictoria.wordpress.com/

Categoría Persoas con Discapacidade

Fundación Dedines
«Campamento de verán 2015»

Obxectivo:

Ofrecer campamentos urbanos que conten con persoal cualificado e material e actividades específicas enfocados a nenos con pluridiscapacidade. Facer posible a conciliación familiar, proporcionar un tempo de respiro ás familias e continuar desenvolvendo as capacidades de cada neno.

Beneficiarios:

  • 15 nenos de distintas idades.

Páxina web:

http://www.dedines.es/

CATEGORÍA PERSOAS MAIORES

Fundación Vianorte-Laguna
programa «Equipo médico-terapéutico no domicilio do Hospital Centro de Cuidados Laguna para persoas dependentes»

Obxectivo:

Aumentar ou manter as capacidades cognitivas, funcionais ou de actividades da vida diaria e a mobilidade de persoas dependentes en situación de vulnerabilidade social, concretamente aquelas que non teñen capacidade funcional para saíren de casa para asistir a terapias e intervencións.

Beneficiarios:

  • Maiores con enfermidades neurodexenerativas (demencia, alzhéimer, párkinson etc.).
  • Maiores con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
  • Adultos con grandes dificultades de mobilidade.
  • Beneficiarios directos aproximados: 5 265
  • Beneficiarios indirectos aproximados: 15 795 (beneficiario+2 familiares)

Páxina web:

http://www.lagunacuida.org