POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

 

1. INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable CLECE, S.A.
Finalidade principal Xestión dos usuarios e atención das súas solicitudes
Lexitimación Consentimiento do interesado.
Persoas destinatarias Cederanse datos a terceiros por obriga legal ou con previo consentimento
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na política de protección de datos (información adicional)
Información adicional Consultar a política de protección de datos de carácter persoal do sitio web (información adicional)

 

2. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL (INFORMACIÓN ADICIONAL)

Versión actualizada conforme ao RXPD. 12/07/2018

 

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

Identidade: CLECE, S.A.

CIF:    A80364243

Dir. postal: Rúa de Quintanavides, 19 Bloque 4 – Planta 1 e 2 (28050 Madrid)

Teléfono: 917 459 100

Correo electrónico: clece@grupoclece.com

Contacto do delegado de protección de datos (DPD): rgpd-clece@clece.es

 

FINALIDADE

Os datos recolleitos a través do sitio web son incorporados a ficheiros dos que a empresa é titular para as seguintes finalidades:

  • Xestionar a petición realizada a través do sitio web, ben sexa a través de formulario de contacto ou calquera outro tipo de impreso en liña, ben a través dunha petición por correo electrónico.
  • Enviar boletíns e alertas a través de calquera canle, incluíndo medios electrónicos (tales como correo electrónico, notificacións web, SMS) e vía postal sobre novas, artigos, actividades, eventos e concursos que poden conter información comercial sobre produtos, servizos, ofertas e promocións relacionados coas actividades desenvolvidas pola empresa.

No caso de manifestar a súa negativa a futuros envíos comerciais, os seus datos (nome, apelidos e correo electrónico) serán incluídos no ficheiro de exclusión a fin de evitar enviar información non-desexada.

  • Xestionar o recrutamento e selección de persoal para postos determinados, así como para manter a bolsa de traballo.
  • Atender as notificacións recibidas a través dos medios de comunicación implantados na canle de denuncia. Implantáronse as medidas de seguridade necesarias para garantir confidencialidade absoluta.
  • Tratar datos de usuarios de redes sociais a través dos perfís corporativos.
  • Usar cookies propias e de terceiros baseadas en preferencias.

As respostas ás preguntas sobre datos persoais que aparecen sinaladas nos formularios cun asterisco (*) son de carácter obrigatorio.

 

LEXITIMACIÓN

  • Interese lexítimo para o tratamento dos seus datos baseado na resposta á súa petición ou solicitude de información ou oferta.
  • Consentimento da persoa interesada: envío de comunicacións comerciais, comunicación de datos a empresas filiais, publicación de datos asociados á difusión de actividades (eventos, concursos).
  • Ten dereito a retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

 

CONSERVACIÓN DOS DATOS

Os prazos de conservación dos seus datos determínanse de conformidade co cumprimento coa lexislación vixente, regulamento e esixencias normativas aplicables ou, en calquera caso:

  • Usuarios que remiten solicitudes e/ou consultas: o tempo necesario para atendelas.
  • Comunicacións publicitarias, promocionais: ao solicitar a baixa o usuario, agás os datos tratados no rexistro de exclusión de actividades comerciais.
  • O período de conservación dos datos profesionais do currículo que nos envíe a través dos medios habilitados para iso no sitio web será de 5 anos; transcorrido este prazo, procederase á súa destrución.

Finalizado o período establecido ou no suposto de que sexa descartado no proceso de selección actual, os seus datos manteranse almacenados para futuras convocatorias sempre que contemos co seu consentimento. Neste caso, é responsable de manter e enviar os seus datos actualizados.

 

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Os datos poderán ser cedidos naqueles casos en que así se lles esixa legalmente ás entidades públicas con competencia na materia.
  • Os datos profesionais do seu currículo poderán ser comunicados ás empresas filiais coa única finalidade de emprego sempre que contemos co seu consentimento.
  • A xestión do sitio web comporta a contratación de prestadores de servizos que poderán acceder aos seus datos para poder levar a cabo o encargo de tratamento. O acceso levarase a cabo con todas as medidas de seguridade necesarias para salvagardar e protexer a súa información tal e como se regulou a través de contrato. Esta prestación non constituirá en ningún momento unha cesión de datos.

 

EXERCICIO DE DEREITOS

As persoas interesadas teñen dereito a obter confirmación sobre se a empresa está a tratar os seus datos persoais.

Ten dereito a:

  • Solicitar o acceso aos seus datos persoais.
  • Solicitar a rectificación dos datos inexactos.
  • Solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
  • Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos. Neste caso, unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  • Oporse ao tratamento dos seus datos, en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular. A empresa deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou no exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
  • Solicitar a portabilidade dos seus datos.
  • Retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Os dereitos recoñecidos polo Regulamento (UE) 2016/679 poderán exercerse directamente ou por medio de representante legal ou voluntario.

Pode solicitar o exercicio de dereitos por medios informáticos a través do correo electrónico de contacto do delegado de protección de datos ou enviando/entregando a súa solicitude á dirección arriba indicada.

Para obter información acerca dos seus dereitos pode visitar: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html (en castelán).

Caso de non obter satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación na Axencia Española de Protección de datos: https://www.aepd.es/agencia/en-que-podemos-ayudarte.html (en castelán).

 

NIVEIS DE SEGURIDADE

A empresa implantou as medidas e medios técnicos que están ao seu alcance para evitar o mal uso, alteración, perda, acceso non-autorizado ou roubo dos datos persoais facilitados.

No enderezo URL deste sitio web aparece HTTPS (Hyper Text Transfer Protocol Secure ou protocolo seguro de transferencia de hipertexto) porque está protexido por un certificado SSL que garante o envío seguro dos datos recolleitos nos formularios, subscricións… Os detalles do certificado (por exemplo, a entidade emisora e o nome corporativo do propietario do sitio web) pódense ver facendo clic no símbolo de cadeado da barra do navegador.

 

TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS

Os provedores do aloxamento do sitio web son prestadores de servizos que poderán acceder aos seus datos para poder levar a cabo o encargo de tratamento. Como norma, os seus servidores deben estar situados no Espazo Económico Europeo e, de non ser así, sempre nos aseguramos de que estes provedores estean situados en países cun nivel de protección adecuado e que ofrezan garantías de cumprimento da normativa europea en materia de protección de datos e, en particular, do RXPD. Para as transferencias aos Estados Unidos, sempre traballaremos con provedores adheridos ao Privacy Shield EU–EEUU.

 

REDES SOCIAIS

A nosa empresa ten presenza en distintos medios ou redes sociais, tales como Facebook, Twitter, YouTube, Instagram e LinkedIn. O posible tratamento de datos de usuarios de redes sociais que o responsable leve a cabo será, como máximo, o que a rede social permita aos perfís corporativos.

A empresa lembra que debe coñecer as políticas de privacidade dos medios ou redes sociais nos que estea rexistrado a fin de evitar compartir información non-desexada.

Dispón das configuracións de privacidade e xestión da conta nas redes sociais para xestionar as preferencias de privacidade, identidade, publicidade e demais aspectos afectos.

 

COOKIES

No noso sitio web utilizamos unha tecnoloxía denominada «cookies». Para información detallada, consulte a política de cookies.