Máis de 100 persoas empregadas de Clece participan na IV edición da carreira «Hai Saída»

Máis de 100 persoas empregadas de Clece participan na IV edición da carreira «Hai Saída»

• Vinculada a esta iniciativa dende a súa primeira edición, Clece comparte o obxectivo de sensibilizar a sociedade para erradicar a violencia de xénero e lograr unha mellor calidade de vida para as súas vítimas.

• Como resultado deste compromiso, xa forman parte do seu equipo humano 171 vítimas da violencia de xénero no conxunto de España.

Clece volveu participar, por cuarto ano consecutivo, na carreira «Hai Saída», unha iniciativa deportiva organizada onte en Madrid polo diario 20 Minutos e a revista Mía, en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, co obxectivo de sensibilizar a cidadanía sobre a necesidade de lograr unha sociedade libre de violencia de xénero, así como de concienciar sobre a realidade que viven as súas vítimas.

Máis de 100 membros do cadro de persoal do Grupo Clece participaron na carreira para lanzar ao unísono unha mensaxe clara de apoio ás vítimas: «Hai saída á violencia de xénero, non estás soa». Na súa cuarta edición, esta carreira congregou novamente milleiros de persoas nas inmediacións do madrileño Parque do Retiro para realizar un percorrido de 4,6 quilómetros.

Do mesmo xeito ca en edicións anteriores, Clece, a través da súa división Escolas Infantís, organizou obradoiros e actividades gratuítas no parque dirixidas aos máis pequenos para que tamén gozasen dunha xornada de xogos e diversión xunto a Clecito, un simpático koala que é a mascota de todas as escolas infantís Clece.

Vinculada a esta iniciativa dende a súa primeira edición, Clece comparte o obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre esta problemática social e traballa a prol da inserción laboral das mulleres vítimas deste tipo de violencia.

Na actualidade, froito deste compromiso, a compañía integra no seu equipo humano 171 persoas no conxunto de España vítimas da violencia de xénero e traballa para potenciar o benestar e a calidade de vida de quen sofre este tipo de violencia co fin de evitar a súa exclusión social.

Segundo datos do propio Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o número de vítimas mortais por violencia de xénero a finais de maio ascendía a 27.