Clece recibe a certificación AENOR de pegada de carbono UNE-EN ISO 14064

Clece recibe a certificación AENOR de pegada de carbono UNE-EN ISO 14064

  • Esta certificación permitirá á compañía levar a cabo plans de xestión contra os riscos das emisións de gases de efecto invernadoiro resultantes da súa actividade.
  • Supón un paso máis no seu firme compromiso contra o cambio climático.

 

Clece deu un paso máis no seu compromiso co medio natural conseguindo o certificado de cálculo da pegada de carbono dentro do seu sistema integrado de xestión, apostando tanto pola integración ambiental da organización no marco regulamentario coma por unha sociedade mellor.

A certificación conforme á norma UNE-EN ISO 14064 foi outorgada por AENOR, entidade de certificación avalada pola realización de preto de 200 verificacións anuais de pegada de carbono a entidades públicas e privadas, así como pola concesión de preto de 100 pegadas de carbono verificadas de produtos, servizos e eventos. Este certificado acredita a veracidade do cálculo que realizou Clece da pegada de carbono resultante das súas actividades e que ascende á cantidade de 22 829 t. de CO2.

O cálculo da pegada de carbono da compañía inclúe:

  • Emisións directas de GEI
  • Emisións indirectas de GEI por enerxía
  • Outras emisións indirectas de GEI, como o consumo enerxético na prestación de servizos

Entre as vantaxes desta verificación a Clece destaca o coñecemento e control das emisións da organización, o incremento da credibilidade e transparencia da compañía, e a posibilidade de desenvolvemento de estratexias e plans de actuación temperá por parte de Clece ante o cambio climático.

VER CERTIFICADO