CLECE E NDAVANT RECIBEN O DISTINTIVO «LÀBORA» DO CONCELLO DE BARCELONA

CLECE E NDAVANT RECIBEN O DISTINTIVO «LÀBORA» DO CONCELLO DE BARCELONA

NDAVANT Multiserveis e Clece foron distinguidas o pasado 15 de maio co selo «Làbora» en recoñecemento á súa actividade socialmente responsable, que vela por promover a igualdade de oportunidades entre a cidadanía e polo fomento dunha cidade máis inclusiva.

Ambas as empresas forman parte do programa desde os seus inicios. O selo está promovido polo Concello de Barcelona a través do Instituto Municipal de Servizos Sociais e foi Laia Ortiz, terceira tenente de alcalde e directora de Servizos Sociais, quen entregou os distintivos nun acto institucional que reuniu preto de 100 empresas e entidades. Ademais, recibe o apoio de asociacións do terceiro sector, como Cruz Vermella, Entidades Catalás de Acción Social (ECAS) e a Federación de Empresas de Inserción de Cataluña (FEICAT).

Este programa pretende fomentar a ocupación de persoas con dificultades especiais de acceso ao mercado laboral vinculando a empresa nun proxecto de responsabilidade social que, á súa vez, permita formar parte dun proxecto de cidade que traballa para favorecer a inserción de colectivos vulnerables. A tenente de alcalde de Dereitos Sociais, Laia Ortiz, asegurou: «Estamos a consolidar un modelo de inserción laboral propio feito coas entidades e orientado a persoas en risco de exclusión social, coa colaboración das empresas».