MÁIS DE 45 000 PERSOAS PIDEN UNHA VIDA SEN VIOLENCIA

MÁIS DE 45 000 PERSOAS PIDEN UNHA VIDA SEN VIOLENCIA

A segunda edición da campaña «Unha vida sen violencia, unha vida con respecto» mobilizou máis de 45 000 persoas. Empregados, clientes e colaboradores de Clece uníronse a esta iniciativa a través de distintas accións destinadas a mostrar o seu apoio ás vítimas e un contundente rexeitamento á violencia de xénero.

Por segundo ano, a campaña percorreu toda a xeografía chegando a concellos, escolas, residencias, centros deportivos, hospitais e todo tipo de entidades e institucións, demostrando que toda a sociedade está unida contra esta eiva social que neste ano deixou 44 vítimas mortais: mulleres asasinadas pola súa parella, ex-parella ou homes de que se estaban separando. No 30 % dos casos denunciaran o seu agresor e o 14 % tiñan algunha medida de protección en vigor.

Por elas e por todas as vítimas (máis de 446 673 mulleres denunciaron malos tratos desde 2007), a campaña «Unha vida sen violencia, unha vida con respecto» aglutinou diversos actos conmemorativos coincidindo co 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, entre outros, lectura de manifestos, concentracións, programas educativos, así como casetas e charlas informativas. Moitas das persoas participantes luciron camisolas e lazos, e mesmo pintaron as mans de morado, cor identificativa da loita contra a violencia de xénero. Así mesmo, contribuíron a propagar a campaña a través dos seus perfís en redes sociais.

Entre as mobilizacións levadas a cabo este ano destacaron aquelas en que se implicaron crianzas e xente maior. En moitas das escolas infantís de 0 a 3 anos xestionadas por Clece leváronse a cabo programas especiais coas familias dedicados á educación na igualdade e o respecto. Ademais, os maiores atendidos por Clece en residencias e servizos de axuda no domicilio tamén se implicaron na campaña demostrando o valor da idade.

Galería de imágenes 25N