Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Madrid, 27 de setembro de 2019. Ante as informacións aparecidas sobre as condicións laborais que afectan a un número moi limitado de persoas, en concreto 16 das máis de 75 000 que traballan en Clece, queremos comunicar o seguinte:
O servizo de auxiliares que se presta no Palacio Real de Madrid entrou en vigor o 1 de xullo de 2019. Desde o primeiro momento traballamos para que se prestase co maior rigor e calidade.
A complexidade de pór en marcha un servizo destas características unida ás dificultades do arranque do servizo xerou unha serie de erros administrativos no proceso de elaboración de nóminas.
Lamentamos que se producisen estes erros e estamos a traballar para emendar estas deficiencias con carácter inmediato.